Auga para todos, ou case

BUEU

DENDE A VENTÁ | O |

22 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

PORTOCELO tivo problemas no suministro de auga durante esta semana a lo menos dúas veces: onte e o pasado xoves. Segundo o alcalde en funcións e edil de Urbanismo, José Manuel Pierres, a causa do problema estivo no presunto comportamento dun veciño do lugar. A versión que facilitou onte o Concello é que un veciño tería enganchado a liña da auga que baixa á praia, pero para a acometida da súa vivenda, e así supostamente salvou a falta de auga na súa propia casa. Deste xeito, a praia e outros inmobles quedaron a dúas velas no que a auga se refire. Pierres encargou un informe para verificar este feitos. Se isto fose así, ese veciño tería dado todo un exemplo de solidaridade. Quizais isto sexa o que sucede tamén na praia de Lapamán. Hai duchas, pero seguen sen ter apenas auga. As queixas á concelleira responsable parece que choven sobre mollado, e nunca mellor dito, pero en Lapamán o que se di auga, segundo me din os que a empregaron nestes días, non hai moita. Ó mellor Bueu ten que encargar un estudio sobre se alguén enganchou a rede á súa casa. Dese xeito todos os usuarios terían unha xustificación creíble. Ata agora non hai nin iso sequera.