O último empurrón da Mostra

A descarga do forno e o encontro de oleiros galegos deixarán paso hoxe ás últimas actividades e á clausura desta 26 edición


A Festa da Carroa do venres, logo de encher o Forno do Forte cunhas aproximadamente 600 pezas, foi un premio ao traballo. Este ano, como novidade, na cea regalábanse un prato e unha copa, «pezas feitas ex profeso para a Carroa», segundo explica Paco Doval, un dos responsables da Mostra. Á cocedura anotáronse moitos e á comida, outros tantos. Sobre uns 400, botando contas rápido.

Recuperadas as forzas, na xornada de onte agardaba outro día de tradición, con cheiro a barro cocido. Sobre as 11.00 da mañá emprendíase a descarga do forno. Foi un día de reunión non só arredor desa actividade, senón tamén da arte mesma. E é que onte chegaban a Buño oleiros lucenses (Bonxe e Gundivós) e ourensáns (Niñodaguia) para expoñer os seus traballos, mais tamén para gozar da boa gastronomía nunha comida de confraternidade de artesáns.

Con eles, e coas actividades de hoxe, pecharase esta nova edición da Mostra. «Foi todo máis ou menos na liña do ano pasado, a xente respondeu ás novidades deste ano, en canto ás cores, en canto a algúns obxectos e, por suposto, as roupas ambientadas na época dourada da olería tamén axudan moito». Non hai aínda cifras de resultado final. No entanto, sábese que «os días de praia inflúen moito. Se fai moita calor a xente vén rematada a tarde, se hai néboa ao mellor están por aquí todo o día». Estas palabras de Doval apóiaas Xosé Antonio Añón Lista, un dos oleiros que expón na Mostra.

Di que a calor resta algunha xente, que este ano algo se nota a crise, que é común «a todos os lados», mais que o barro é o seu modo de vida e a Mostra, un bo xeito de darlle un empurrón de éxito a Buño.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

O último empurrón da Mostra