07 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.
Da man de Los Ojos de Ruperta, a pontevedresa Galería Tangram acolle dende as 17 horas un «un taller onde a colaxe, o debuxo e as palabras mestúranse para dar forma ás túas ideas. Serán tres horas para ti, para experimentar sen presións e en comunidade». O prezo de 30 euros inclúe todos os materiais necesarios para esta proposta multidisciplinar que conxuga debuxo, pintura, colaxe e escritura.