Un ciclo cinematográfico achégase en Pontevedra ao director Aleksandr Balagura

PONTEVEDRA

Aleksandr Balagura, cineasta ucraíno
Aleksandr Balagura, cineasta ucraíno PARIS EUROPEAN FILM FESTIVAL

O Liceo Mutante exhibirá A rúa das viúvas e Loli Kali Shuba

01 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Co arranque de marzo, o Liceo Mutante de Pontevedra recupera o Cineclube Mutante adicándolle un ciclo a Aleksandr Balagura, cineasta ucraíno do que «é probable que incluso os cinéfilos máis acérrimos nunca escoitaran o seu nome, e xa era hora de emendar ese erro». Deste xeito na primeira sesión, a través de dúas pezas, A rúa das viúvas e Loli Kali Shuba, pensadas para ser proxectadas xuntas.

Aleksandr Balagura, cineasta ucraíno
Aleksandr Balagura, cineasta ucraíno PARIS EUROPEAN FILM FESTIVAL

De feito, e segundo indicaron, «son dous filmes que retratan o mesmo lugar con vinte anos de diferenza: unha aldea da comunidade xitana na rexión de Transcarpacia, na fronteira entre Ucraína e Hungría». As pezas convértense así nun «exercicio de pensamento fílmico e de procura de beleza nas xentes».