A cita será o vindeiro 27 de febreiro na sede da Deputación de Pontevedra
07 feb 2026 . Actualizado a las 19:22 h.A escritora Paloma Sánchez-Garnica, gañadora do Premio Planeta no 2024 pola novela Victoria, será a encargada de inaugura unha nova edición, a terceira, de Pontevedra Literaria. Xuventude e artes. A conferencia da autora tamén de, entre outros títulos, La sospecha de Sofía e Últimos días en Berlín, que configuran o que se ven denominando a Triloxía de Berlín, terá lugar no salón de plenos do Pazo Provincial o vindeiro 27 de febreiro ás 19.30 horas. De este luns, habilitarse un formulario na web institucional da Deputación de Pontevedra para reservar praza.
Neste sentido, Luis López, presidente provincial, destacou o feito de que, «ata a data, participaron nas dúas edicións que organizamos de Pontevedra Literaria. Xuventude e artes, escritores da talla de Héctor Abad Faciolince, Manel Loureiro, Arantza Portabales, Ángela Banzas, Santiago Gamboa, Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e, entre outros, Manuel Jabois. Agora activamos a terceira edición e facémolo da mellor forma posible, da man de Paloma Sánchez-Garnica e agardamos que, como as anteriores, sexa un éxito rotundo».
Na súa intervención, o máximo mandatario da Deputación de Pontevedra adiantou que, ademais da charla da escritora madrileña, están previstas outras moitas actividades arredor da escrita ao longo do ano da man deste proxecto literario. Deste xeito, desvelou que se desprazarán ata a provincia figuras de recoñecemento nacional e internacional, co obxectivo de seguir fomentando entre a xuventude a creación literaria e artística.