Olalla Sendón gaña o Certame de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Olaia Sendón, autora de «Alén e o dragón»
Olaia Sendón, autora de «Alén e o dragón»

«Alén e o dragón» é o título da novela elexida polo xurado

17 ene 2026 . Actualizado a las 19:30 h.

A firma pontevedresa Avigal anunciou que a obra gañadora do segundo Certame Literario de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses, iniciativa impulsada pola compañía co obxectivo de promover a creación literaria en lingua galega e fomentar o hábito lector entre o público infantil, é Alén e o dragón, de Olaia Sendón. Tras precisar que nesta segunda edición presentáronse corenta novelas infantís, destacaron o feito de que o xurado resaltou «a súa calidade literaria, a orixinalidade da proposta e a súa capacidade para conectar cos lectores máis novos».

De igual xeito, precisaron que este concurso consolídase como unha das principais apostas culturais de Avigal, enmarcada «no seu compromiso coa educación, a lingua galega e o apoio a novos talentos literarios». A obra premiada será publicada por Antela Editorial e será presentada ao público durante a semana das Letras Galegas, nun acto que servirá para celebrar a creatividade e a literatura infantil en galego que se desenvolverá no Museo de Pontevedra.

Xurado do segundo Certame Literario de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses
Xurado do segundo Certame Literario de Novela Infantil Jaime Olmedo Limeses AVIGAL

Ademais e como parte desta iniciativa, Avigal agasallará con 1.500 exemplares da novela gañadora a centros educativos e culturais de Galicia, contribuíndo, deste xeito, activamente á difusión da lectura en galego e achegando a literatura aos máis novos.

No que respecta á novela, subliñaron que «conquistou ao xurado polo seu dinamismo, personaxes ben traballadas e referencias á cultura popular». Trátase dunha obra ambientada en Sardiruña, un lugar onde nunca deixa de chover e onde Alén comeza a ter soños estraños con dragóns e vellas misteriosas».

A autora, Olaia Sendón (Ourense, 1978) é licenciada en Comunicación Audiovisual pola UAB e profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña. É tamén autora de documentais e pezas de videoarte presentes en diferentes concursos e festivais. Entre outras obras, ten publicados os álbums ilustrados A crebeira Marabillas e A fotógrafa Perpetua, e as novelas Nave e A casa grande.