Un percorrido pola traxectoria vital do gaiteiro Ricardo Portela

PONTEVEDRA

Deputacion Pontevedra

16 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 21 de novembro pódese visitar na sede da Deputación de Pontevedra a mostra Ricardo Portela, inmorrente, que está comisariada polo gaiteiro Óscar Ibáñez. A exposición é unha homenaxe a Portela, todo un referente na música tradicional, imprescindible na conexión da tradición dos vellos gaiteiros coas novas xeracións.

Está composta por oito paneis e varias vitrinas con material discográfico e persoal, así como instrumentos e vestiario. Amosa a traxectoria vital do gaiteiro ligada a Viascón, Vigo e Pontevedra.