Noelia muere tras casi dos años luchando para recibir la eutanasia
A Banda de Música de Salcedo estrea dous temas no Teatro Principal de Pontevedra
PONTEVEDRA
O director e actor Nani Matos será o encargado de poñer voz a Don Quixote na adaptación especial do compositor Ferrer Ferrán que interpretará a Banda de Música de Salcedo no Concerto do Día das Letras Galegas que ofrecerá no Teatro Principal de Pontevedra ás 12 horas e no que intervirá tamén a Coral Polifónica de Salcedo. De feito, o espectáculo será aberto pola masa coral que interpretará un repertorio inspirado no camiño de evolución emprendido pola nosa lingua dende a súa orixe pasando polo galego-portugués ata os poemas actuais musicados. Así, interpretarán Signore d’elle cime, de Giuseppe di Marzo, A Madre de Jesucristo, de Alfonso X, Do mar pola orela, arranxo de Manolo Domínguez, e O Maio, de Curros Enríquez/Emilio Batallán.
De igual xeito, e co obxectivo de homenaxear á lingua galega e contribuír á súa visibilización e normalización, na primeira parte do concerto ofrecerase unha versión d de Don Quixote. Acto seguido, renderase tributo á poesía popular oral personalizada en Adolfina e Rosa Casás Rama coa Fantasía sobre tres temas galegos —Camariñas, O Miudiño e O Candil—. E como remate, o estreo de Ecos Festivos e da a Muiñeira das Croas, ambas de Carlos Rodríguez Torres.