«A natureza menos amable» de Xosé Luis Román no Palacete das Mendoza de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

30 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o vindeiro 15 de decembro, o Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolle a exposición Intu-Indo, mostra pictórica na que Xosé Luís Román «goza coa intuición e o azar sobre o lenzo para amosar a vida cotiá en declive, a natureza menos amable e unha reflexión sobre cara onde vai a humanidade», destacaron dende a Deputación de Pontevedra.

ADRIÁN BAÚLDE

Engadiron, neste sentido, que o autor define a mostra «como unha visión pausada e, ata certo punto, optimista onde determinados espazos, marcados pola improvisación controlada, agroman imaxes como resultado de manchas e de salpicaduras feitas no estoupar das cores. Esas cores son distribuídas en pequenas pingas ao longo das teas ou dos papeis pola acción do azar, dando forma ás tramas que reflexan o xeito de entender a pintura».