Nova vida a unha novela

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

Con Un mapa é unha ponte. Experiencia de creación con JJ Richards , a autora de Pensar para atrás propuxo no Museo de Pontevedra unha iniciativa encamiñada a crear un mapa a partir de fragmentos desta novela. JJ Richards considera esta obra «como un xerme de significación aberto á experimentación, que xere novas experiencias posibles».