Plantación no patio do colexio Amor Ruibal de Barro

La Voz

PONTEVEDRA

23 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco da sétima edición do proxecto Especies de Espazos organizado polo colectivo Espazo 16, hoxe realizarase unha plantación de especies arbóreas e arbustivas no patio do colexio Amor Ruibal de Barro para aumentar a biodiversidade e reconectar coa natureza. Pola tarde, na Escola de Agudelo, inaugurarase unha mostra fotográfica sobre esta iniciativa.