Luis Piedrahita protagoniza en Pontevedra a gala benéfica da asociación Afapo

PONTEVEDRA

EDUARDO PEREZ

23 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Dende 18 euros • Auditorio de Afundación • Luis Piedrahita chega cun novo monólogo, Es mi palabra contra la mía, no marco da décima Gala Benéfica do Día Mundial do Alzhéimer, que promove Afapo (Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outra demencias de Pontevedra). As entradas pódense adquirir en Ataquilla.com e a recadación será a beneficio desta entidade social.

Dende Afundación destacaron que Es mi palabra contra la mía «é un show de humor, enxeño e tenrura co que o artista quere demostrar, unha vez máis, que só o humor fai a vida máis soportable». Deste xeito, o humorista coruñés analiza por que ninguén está contento co que lle tocou, sacando a relucir os aspectos máis absurdos da rutina do día a día: «Son temas de fondo calado existencial como o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro. Profundas reflexións de voo galináceo e improvisacións meticulosamente ensaiadas», destacou ao respecto.