O Pazo Provincial rende homenaxe a Florencio Delgado polas Letras Galegas

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Acto na Deputación, este xoves, polo Día das Letras Galegas
Acto na Deputación, este xoves, polo Día das Letras Galegas AINHOA LÓPEZ

Os actos terán continuidade este venres no Xaime Illa Couto de Raxó, en Poio

13 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Como a «semente de novos proxectos para facer agromar a Galiza infinda que tan ben contou» definiu onte a deputada provincial María Ortega a Florencio Delgado Gurriarán no acto central dos que impulsa a Deputación de Pontevedra para conmemorar as Letras Galegas. Nesta xornada abordouse a figura do homenaxeado dende a música, a banda deseñada, a investigación, a crítica literaria e a tradución da man da cantautora Sheila Patricia, o ilustrador Kiko da Silva, o biógrafo Ricardo Gurriarán, o profesor Miro Villar, e a escritora e tradutora Tamara Andrés.

«Queremos tomar consciencia da importancia dun home que traballou a reo en prol da defensa da nosa lingua, a nosa cultura e os valores democráticos que encarnaba o bando perdedor da guerra civil española (...). O golpe de Estado empurrou a Florencio ao exilio, mais, lonxe de deixar atrás a Terra, levouna na maleta e seguiu traballando a reo por ela», engadiu Ortega.

Continuidade en Poio

O acto de onte terá continuidade esta tarde no Centro Cultural Xaime Illa Couto, en Raxó (Poio), coa inauguración da mostra Cantámola en galego! A canción en galego no século XXI, ao tempo que será a primeira parada do contacontos musicado que Polo Correo do Vento levará a 35 concellos da provincia da man da Deputación.