Concerto no Museo de Pontevedra coa réplica da guitarra de Lorca

PONTEVEDRA

PACO RODRÍGUEZ

26 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O guitarrista clásico Samuel Diz actuará este martes (19.30 horas) no edificio Castelao do Museo de Pontevedra con motivo da integración á colección permanente dun conxunto de obras vinculadas coa Guerra Civil, a represión e o exilio. Os interesados deben inscribirse en reservas.museo@depo.es.

Con Álbums de guerra: músicas para unha exposición, Samuel Diz vincula as obras expostas coas partituras de Xesús Bal y Gay, Rosita García Ascot, Simón Tapia Colman e a inédita Suite para guitarra, de Isidro B. Maiztegui. O concerto rematará cunha escolma de cancións populares difundidas por Federico García Lorca que interpretará coa réplica da guitarra orixinal do poeta.