Culturgal xa ten datas para o 2020

A Feira pechou cunha afluencia similar a outros anos: en torno a catorce mil personas pasaron polo Pazo nestes días


Culturgal pechou a súa décimo segunda edición e despediuse anunciando as datas da vindeira, que será a número trece: do 27 ao 29 de novembro de 2020 en Pontevedra.

Alén das cifras de público, semellantes ás das últimas edicións con algo máis de catorce mil persoas, a organización da Feira recalcou o valor cualitativo da mesma: a construción dun espazo colectivo e compartido no que empresas, institucións, creadores e público xúntanse anualmente para festexar o feito cultural.

«Culturgal é un evento consolidado, iso non quere dicir que se acomoda senón todo o contrario. En 2019 mudamos a estrutura dos stands, o seu material construtivo e o percorrido pola Feira. Pensamos que de maneira positiva á espera do que nos digan os expositores nas enquisas de valoración. Unha feira cultural ten que sorprender, queriamos que o cambio fose perceptible desde que entraramos pola porta da Culturgal e conseguímolo», explicou Xosé Aldea, director do evento.

Eses 14.000 visitantes dende o venres é unha boa cifra para a organización. «A confianza do público é fundamental, máis alá dos números conseguir que a xente goce da Feira cun programa cada vez máis participativo, con obradoiros, conversas e encontros con artistas. Que un autor de banda deseñada internacional como é Miguelanxo Prado non só veña á Feira a presentar a súa última obra, senón que pase asinando horas o seu traballo é un exemplo desa experiencia Culturgal que queremos que o público leve consigo», engadíu Aldea.

Premio do público 2019

Na xornada de peche entregouse o Premio do Público Culturgal 2019 ao Festival dos Eidos, promovido pola Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel. Máis de 1.600 persoas votaron na rede durante dúas semanas para escollelo. Recolleu o premio o responsable do festival Uxío Novo, fillo do poeta Uxío Novoneyra cuxa casa é o epicentro do festival, das mans de Víctor López, presidente de Culturgal, e de Xosé Aldea, director da Feira.

Na xornada de peche tamén se presentou en Culturgal o cartel do vindeiro Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e tamén a programación cultural da Deputación para o ano 2020.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Culturgal xa ten datas para o 2020