«A seguir, hoxe ás 8.30 xa estaba no Concello»

María Hermida
maría hermida PONTEVEDRA / AGENCIA

PONTEVEDRA

Ramón Leiro

Campos di que a mellor forma de celebrar os resultados é traballando. Iso fixo onte todo o día

28 may 2019 . Actualizado a las 05:10 h.

Manuel Campos soe andar ás presas pola vida. Gústalle solucionar todo con rapidez. Quizais conscientes diso, os veciños déronlle axiña un resultado moi vantaxoso para o PSOE. Pasou dos tres concelleiros do 2015 a nada menos que sete na última noite electoral. Ten maioría absoluta para gobernar catro anos. Mellor case imposible.

-¿Que dixeron as urnas?

-Dixeron que a seguir e hoxe ás 8.30 horas [por onte] xa estaba no Concello. Non hai tempo que perder. Necesitamos consolidar o traballo feito estes catro anos, que penso que foi o que valoraron os veciños, e de aí os bos resultados acadados.

-¿Que é o máis urxente?

-Temos varias cousas que si ou si deben saír adiante de forma inmediata e eu confío en que así sexa. O centro de día ten que abrirse xa. Temos que lograr desbloquear de todo a situación do polígono industrial e por suposto temos que sacar adiante o plan xeral. Iso é o máis urxente.

-Ata agora gobernaba man a man e en minoría co BNG, que desaparece da corporación...

-Si, o BNG, tal y como dixen en campaña, foi un socio leal. Despois cada partido fixo as listas como considerou oportuno e os resultados foron os que foron.

-¿Xa falou coa súa xente para o reparto de concelleiros, as dedicacións...?

-Aínda non. Ímolo facer axiña. En principio contamos con que a única dedicación que haxa sexa a do alcalde. Pero falarémolo.