Maside e Combarro

La Voz

PONTEVEDRA

Froito dun fecundo labor artístico, a mostra Carlos Maside en Combarro. 1952. Bosquexos, debuxos e acuarelas reúne máis de cen obras, mentres que o catálogo recolle 312. Agora, a exposición pódese ver no Sexto Edificio do Museo.

As obras permiten observar «a propia evolución de Combarro», vila na que está previsto realizar unha serie de actividades paralelas a esta mostra de Maside.