«O único non realista da novela é o final»

A escritora lucense presenta «A dúbida», premio á mellor novela por entregas de La Voz, esta tarde, ás 20 horas, na libraría Paz


Pontevedra / La Voz

María Reimóndez (Lugo, 1975) quixo aproveitar o formato supostamente «lixeiro» que lle brindaba La Voz por entregas para tratar un tema como os abusos a menores.

-Abusos sexuais, corrupción, prostitución. ¿É o libro un retrato demasiado amargo da sociedade actual?

-É un retrato realista da sociedade na que vivimos, que non queremos moitas veces recoñecer. E un dos problema máis importantes á hora de falar de abusos sexuais a menores é precisamente esa invisibilidade da propia situación. Esta novela busca poñer ás persoas que len na situación de dubidar do que nos rodea.

-Á presentación vén acompañada dunha psiquiatra e unha psicóloga... ¿Foi dura a fase de documentación?

-É un tema que nos debería afectar a todas as persoas da sociedade. Se ben non está moi tratado na literatura, como persoa sensible que me rodea si que non é algo do que tivese que documentarme como un tema científico. Pero si é certo que hai certos aspectos que consultei con psicólogas e persoas que traballan con vítimas dos abusos sexuais e outro tipo de informes. Máis ca nada, construír a historia dunha forma fidedigna axuda á hora de socializar o libro porque, se algo creo que ten de importante esta novela, é dar voz ás persoas que traballan máis directamente coas vítimas de abusos sexuais, e facernos reflexionar sobre a sociedade que estamos construíndo, e sobre as cousas das que non queremos falar.

-¿Unha novela tan dura é necesario que remate moderadamente ben?

-É importante dende o punto de vista de que, por desgraza, aínda que hai moitas persoas que non somos vítimas de abusos sexuais na infancia, si hai que hai moita que foron. A literatura tamén está creando sociedade, e dende ese punto de vista hai que ter coidado coas mensaxes que se transmiten, e ter respecto polas persoas que pasan por este tipo de situacións. Por desgraza, a novela nese punto ao mellor é o único non que non é realista porque é certo que a maior parte de dos casos de abusos sexuais primeiro, non chegan ao sistema xudicial; segundo, o trato que reciben as vítimas é próximo ao horror, e hai informes bastante explícitos ao respecto; e na maioría dos casos, ademais tampouco se consigue chegar a unha situación de xustiza. Pero considero que iso non é o ideal, e que tamén é unha maneira de crear unha narrativa distinta sobre o que debería ser.

-¿Escríbese a mesma novela para unha editorial ca para nun xornal por capítulos?

-O significativo é o formato da novela por entregas, que é un xénero literario igual que existen outros, que ten unhas características formais que o fan un desafío, porque hai que encaixar moito a narración nese marco que vén predeterminado. Pero para min era importante subverter este xénero que se dá sobre todo para temas chamémoslles lixeiros para narracións máis de intriga ou doutro tipo de temática, utilizar este formato áxil para falar de temas que normalmente non se tratan neste tipo de estruturas, moi específicas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«O único non realista da novela é o final»