A nova montaxe de Baobab debuxa a figura de Andersen

María Conde PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Baobab Teatro estreou onte no Pazo da Cultura «O soldadiño de chumbo»<span lang= es-es >. </span>
Baobab Teatro estreou onte no Pazo da Cultura «O soldadiño de chumbo». capotillo< / span>

Mil escolares asistiron ás funcións

14 mar 2013 . Actualizado a las 15:14 h.

Cinco persoas que visten levita e sombreiro ao estilo do século XIX representan no escenario as distintas personalidades que podería ter o autor danés Hans Christian Andersen. O Andersen enfermizo, o poeta e o máis pavero son algunhas delas, e van desgranando a historia dun dos seus clásicos, O soldadiño de chumbo, coa axuda de títeres. Esta é a terceira montaxe da compañía pontevedresa Baobab Teatro, despois de Babs e Fíos, e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil foi onte o escenario da estrea. En só unha mañá, case mil escolares de colexios da comarca asistiron ás dúas primeiras funcións no Pazo, que pola tarde, na sesión aberta ao público, rexistrou outro cheo.

A actriz Andrea Bayer explicou que o grupo quixo «marcar sobre todo a figura de Andersen, sen que se vexa tanto que isto é un conto», algo para o que coidaron especialmente a posta en escea. «Todo vai aparecendo de chisteira», engadiu. Bayer subliñou o diferentes que son entre si os espectáculos de Baobab: «Aínda que teñan o selo noso, sempre partimos de conceptos distintos. En Babs eran a cor branca e as formas redondas, aquí traballamos sobre un personaxe e fúmonos ao seu século». Apuntou que foi un «conto difícil» para adaptar, «e fixemos moita investigación, porque nos gusta darlle unha volta ás historias, pero cando soubemos o tema do Salón, sabíamos que ía encaixar».

Por outra banda, onte comezaron tamén os roteiros guiados por «Pontevedra cara ao futuro».