As variedades galegas de castaña foron multiplicadas por inxerto e cultivadas nos soutos durante séculos, co obxectivo de producir castaña destinada á manutención das persoas e do gando. En cada souto se inxertaban de tres a cinco variedades, ca finalidade de obter productos óptimos para as diferentes formas de consumo (asada, cocida ou seca); para realizar a colleita durante un período o mais amplio posible (entre outubro e novembro); e para asegurar as produccións, pois hai variedades aneiras e outras que se manteñen produtivas todos os anos. Como consecuencia da diversidade varietal, os lotes de castaña que se recollen nos vellos soutos son mixturas de variedades con características tecnolóxicas moi variables. Sen embargo, nalgunhas zonas, como en Valdeorras e no suroeste de Ourense, houbo unha certa evolución da estructura varietal propagando as variedades locais máis valoradas no mercado.
Aínda que algunhas variedades como a parede, a rapada, a amarelante e a luguesa se cultivan en varias comarcas, en xeral, a súa distribución xeográfica é de rango limitado, variando a composición varietal dos soutos de comarca en comarca. A variedade de presa se atopa só na montaña lucense, a variedade garrida na meseta lucense, a negral en Valdeorras, a amarelante en Trives, as famosa, ventura e longal no extremo Suroeste da provincia de Ourense.
Un dos obxectivos da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia é promover a creación de novos soutos destinados a producir cantidades importantes uniformes, de variedades adaptadas aos principais usos actuais, que son fundamentalmente o pelado en industria e a venda en fresco. As variedades consideradas de maior interese son a amarelante, a famosa, a garrida, a longal, a negral, a de Parede, a ventura e a xudía.
A produción deste ano caracterízase póla súa abundancia, quizais debida ao ambiente seco na polinización. E tamén póla gran cantidade de castaña podrida a causa das altas temperaturas en setembro e outubro.