Afronta o seu terceiro mandato e di que continuará ata rematar os proxectos en marcha
25 jun 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Rafael Louzán converteuse onte no único presidente da Deputación de Pontevedra que en democracia accede a un terceiro mandato. Despois de que no anterior a débeda crecese ata situarse en 117 millóns, fixa como obxectivo chegar ao 2015, ao remate deste novo mandato, cunha rebaixa dun tercio sobre esa cifra.
-¿Cal será a súa primeira decisión trala reelección?
-Nada é igual que antes. De momento xa temos eliminado o collar corporativo.
-¿Son importantes os xestos nestes tempos de crise?
-É un gasto que se podía suprimir. Detrás deste virán outros que van ser a reducción de patronatos, de vicepresidencias... As medidas van ser drásticas. Pero non serán só en cousas moi visibles, senón en todos os ámbitos. A proclama da austeridade é algo real desde o minuto un. Empeza un partido que vamos xogar con serias dificultades.
-¿Hai que reinventar as deputacións?
-Eu levo dicindo durante moitos anos que temos que redefinir claramente as funcións de cada quen. Nós temos que vernos no espello de países similares ao nosos. Francia, por exemplo, ten niveles de administración moi similares. Neste momento temos que reinventarnos, pero sen esquecer o papel das deputacións. En España hai 16 millóns de personas que viven no ámbito rural. As deputacións están para compensar os desequilibrios nese mundo rural. En Galicia temos ademáis un agravante, que é a dispersión.
-¿Como se conxuga ese papel coa creación de novas estructuras de xestión, como as áreas metropolitanas, ou a fusión de concellos?
-A fusión de servizos é fundamental. Estamos artellando un apoio decidido as mancomunidades. Na provincia de Pontevedra hai cen camións de basura. E resulta que ese servizo se pode facer coa mitade. Se hai que reducir gastos fagámolo de verdade. ¿Por que nace a área metropolitana de Vigo? Nace porque non é normal que cando as cidades crecen máis alá dos límites do concello presten servizos distintos.
-Os concellos queixanse das competencias impropias. ¿Cales son as da Deputación?
-O importante é resolver os problemas. O cidadán non querre saber quen lle presta o servizo. Nós podemos ter algún problema neste sentido con Príncipe Felipe. Temos que ir cara a unha filosofía de comparitir. Os concellos, a Xunta e as Deputacións teñen que compartir instalacións.
-Pero, entretanto, a débeda da Deputación segue crecendo.
-O endebedamento da Deputación ven motivado por un plan que tivo como finalidade loitar contra a crise. Puxemos en marcha un plan para o 2009-2010-2011, pero a saúde económica é razonable. Pagamos a un mes, nin un día máis.
-En Galicia, cunha débeda de 117 millóns, a de Pontevedra é a Deputación máis endebedada.
-A débeda final no 2009 foi de 102 millóns, de 117 no 2010; e no 2011 será de 105 millóns de euros. Son datos de Intervención. O endebedamento foi no 2010 do 101%, pero a no 2011 será do 85%. No 2015 será do 65%, segundo os datos da Intervención. Co que baixaremos a débeda nun tercio.
-É vostede o presidente de máis longo percorrido.
-Eu non sei cal é o límite meu. Non me vou eternizar, pero si é certo que arrastramos algúns proxectos en marcha que quero rematar.
-De cales se trata.
-A provincia ten que xestionar 120 millóns de euros extraordinarios da Unión Europea, que se non fose polos técnicos desta casa, non sería posible. Esa é unha dose inversora que non estaba prevista.
-¿Donde se porá o acento nos próximos anos?
-Hai que invertir en cuestións productivas. As inversións teñen que ter retorno. Xerar emprego ou que teñan unha rendibilidade social clara. Se nos están apoiando desde a Unión Europea é porque estamos acertando nas iniciativas postas en marcha. Falo sempre dos traballadores e o equipo de goberno.
«Empezamos un partido que vamos xogar con serias dificultades»
«Neste momento temos que reinventarnos pero sen esquecer o noso papel»
«Hai cen camións de basura na provincia e resulta que se pode facer coa metade»
«Eu non sei cal é o límite meu. Non me vou eternizar»