1 O principal problema é a ausencia de PXOM, xa que é fundamental para o desenvolvemento do concello, para ordenar o territorio, hoxe bastante caótico, e para que as novas xeracións poidan establecerse neste municipio e non verse obrigadas a mercar vivenda en concellos limítrofes, todos moito máis desenvolvidos.
2 O principal reto é, precisamente, aprobar o PXOM e que sexa o máis favorecedor posible para todos os veciños e completar e mellorar a rede de sumidoiros e de servizos básicos. Asimesmo levar a cabo unha auténtica implantación da democracia no goberno municipal.
3 Si, por suposto. O alcalde que se perpetúa durante anos no cargo acaba por considerarse o dono e señor do concello. A democracia entón resístese, degrádase e iso leva a malas prácticas e incluso á corrupción máis descarada, pois este tende a crerse por enriba do ben e do mal.
4 Por hixiene democrática e por ofrecer unha imaxe decente da clase política aos cidadáns considero que calquera que estea imputado non debe presentarse para ser elixido polo pobo.
5 Portas non ten PXOM porque o alcalde foi incapaz en casi vinte anos no cargo de elaborar un plan digno de presentar ante o pleno da corporación. E non foi quen, porque posiblemente teña moitos intereses creados dada a súa política de amiguismo, de tendencia a favorecer a veciños e castigar a outros.
6 A estación de Portas ten que volver estar operativa e cumprir a función para a que foi construída, mediante unha liña de trens de cercanías que nos comuniquen con vilas e cidades próximas, dado que hoxe Portas está incomunicado, sen un transporte público a pesar de estar cruzado por dous vías e a AP-9.
psoe tomás gallego martínez