1 Como en todo o país é o paro e a situación económica. Pero en Barro tamén é o estancamento do concello, debido a un goberno municipal esgotado, ineficaz e totalmente superado polas necesidades de xestión que require un concello destes tempos. Por iso temos tantas chapuzas de tramitación dos polígonos industriais, falta de servizos e de equipamentos.
2 Traballar para que Barro medre, e desa maneira xerar actividade económica. Darlle unha solución definitiva aos polígono industriais, e acadar o asentamento de novas empresas. Tamén temos que mellorar a calidade de vida dos veciños.
3 O primeiro é asumir o erro de cando se realizou unha tramitación incorrecta do mesmo, a pesar das advertencias que se lle fixeron. E a partir de aí actuar con responsabilidade. É necesario resolver a situación canto antes, pero é máis importante facelo de tal maneira que sexa indiscutible a seguridade xurídica de cara ao futuro.
4 Debería selo pola inmellorable situación xeográfica, pero non o é. A día de hoxe aínda temos menos poboación que hai 30 anos cando empezou a gobernar o Partido Popular. O problema é que tanto as persoas de aquí como as que veñen a vivir a Barro atópanse coa total falta de servizos, malos equipamentos e nulas posibilidades de esparcimento.
5 Teño moita confianza en que a loita e o traballo serio que está a facer a plataforma veciñal, xunto coas alegacións do BNG, dean os seus froitos. Agardo polo tanto que Fomento rectifique o trazado e non se acometa a barbaridade que supón o proxecto tal como estaba ata agora.
6 Non é unha cuestión de anos, senón de proxecto e ganas de adicación. O que non é lóxico é que un alcalde que non evoluciona siga gobernando.
bng xosé m. fernández abraldes