1 O problema máis grande é que non se aprobase o Plan Xeral de Ordenación Municipal a pesares de que o BNG goberna con maioría absoluta e de que o actual goberno local o prometeu na anterior campaña electoral. Outros problemas que existen en Bueu son a non ampliación do parque industrial de Castiñeiras e que non se aproveita todo o potencial do turismo. Falta rematar o saneamento dos núcleos rurais e tamén é necesario diseñar un plan de necesidades e actuacións no rural.
2 No futuro PXOM ten que figurar unha ampliación dos núcleos nas zonas rurais porque a vivenda unifamiliar pode ser unha saída para a construcción. Recordo que, por certo, levamos catorce meses sen conceder unha soa licencia.
3 O futuro urbanístico de Bueu ten que pasar porque se aprobe o PXOM e porque este sexa transparente, consensuado e respetuoso coa legalidade, que ofreza seguridade xurídica aos promotores e ao que compra.
4 Neste momento os veciños xa teñen unha seguridade sobre as súas casas, cousa que non foron quen de ofrecerllela os que agora alporizan e alentan mocións. A partir de aquí podemos empezar a traballar e estudar posibilidades. O que rexeito é a utilización partidaria e partidista que se tenta facer cos veciños de Ons.
5 Haberá que analizar o estado financiero e cales son os motivos para chegar a situación na que se atopa a Mancomunidade do Morrazo. Sigo considerando que mancomunar servizos é mais necesario, sobre todo nos momentos de crise como a actual. Estou seguro de que unha mancomunidade saneada traerá máis e mellores servizos para os veciños do Morrazo.
pp josé manuel rosas OTERO