«O centro de saúde é unha prioridade»

La Voz

PONTEVEDRA

1 Un dos principais é o centro de saúde. É algo básico para Marín e non podemos prescindir del. Os terreos están a disposición da Xunta. O BNG esixirá á Xunta que o axilice. Tamén está a creación un auditorio multiusos. Nós reafirmámonos na proposta que se levou ao pleno na parcela libre de Cantodarea. Debe ser non só un multiusos, senón tamén ter unha nova biblioteca, un aula de música e un museo. E hai que facer en Marín un aparcadoiro soterrado, a creación dunha gran praza pública cerca da praza de España e que sexa alternativa a ese párking soterrado e crear zonas azuis gratuítas nas áreas do comercio local.

2 Só hai unha fórmula que é cumprido a lei e logrando a aprobación definitiva do PXOM. Estamos pendentes de que a Xunta envíe o informe de Patrimonio para avanzar niso.

3 Hai que esixir á Xunta e ao Estado políticas distintas ás que fan agora. A Xunta non sacou ningún plan de emprego público como o fixo en anos pasados. Proporemos unha empresa pública de turismo, que englobe proxectos como o centro dos petroglifos de Mogor ou a sala do mar en Portocelo. E un polígono que dé acollida ás empresas locais.

4 Fomos os primeiros en reclamar espazos públicos no porto e é perfectamente compatible iso con recuperar espazos para os cidadás. Está o retranqueo da valla na praza de España e a creación do multiusos, sempre respectando os postos de traballo do porto.

bng pilar blanco