1 Os problemas fundamentais son a escasez de chan industrial, a lentitude na tramitación do PXOM, o estado da canle do río e o abastecemento de auga. E os retos son un novo centro médico, a aprobación do PXOM, solucionar o problema do abastecemento de auga, a creación de chan industrial e o desenvolvemento dun parque ambiental do Umia. O centro médico é capital e hai que facelo no núcleo urbano para que sexa accesible e ben dotado de servizos. Ubicalo no extrarradio sería unha desgraza para o comercio e a hostelería.
2 É básico para o desenvolvemento económico asociado ás actividades da construción. Ata o de agora o Concello ten dado todos os pasos necesarios para sacar adiante este traballo administrativo, mais os sucesivos cambios na Lei do Solo e a lentitude na tramitación por parte da Xunta de Galicia fixeron imposible a súa aprobación.
3 Somos partidarios de rescatar a devandita concesión, pero sobre todo consideramos fundamental garantir o abastecemento de auga potable a todos os veciños nas mellores condicións, e nisto non admitimos ningún tipo de cesión. A única solución é o proxecto que vén liderando o Concello de Caldas.
4 Mancomunar prestacións é unha necesidade para abaratar custos nunha multitude de servizos. É unha forma de facer unha xestión económica eficaz, máis tendo en conta a difícil situación económica mundial que atravesamos.
psoe juan manuel rey