A Semana da Educación debate sobre os retos para o galego

La Voz PONTEVEDRA/LA VOZ.

PONTEVEDRA

11 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Semana da Educación aborda nesta edición os retos e propostas para o galego no ensino. Este encontro celebrarase do 20 ao 24 de setembro, no Pazo da Cultura.

Trátase da 22 edición da Semana da Educación de Pontevedra, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Cig Ensino.

Están programados diversos obradoiros, como o de Teatro nas aulas, A sexualidade nas aulas, Tacto consciente e masaxe nas relacións, Cantos de onte para hoxe, Todos temos TICS ou Os contos non son contos, entre outros, que se desenvolveran do 21 ao 24, en horario de 17 a 19 horas.

A conferencia inaugural Será ás 17.30 horas do luns, día 20.estará a cargo de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e versará sobre Do decreto ao decretazo: Retos e propostas para o galego no ensino.

E no acto de clausura, previsto para o venres 24, ás 19.30 horas, Mercedes Prieto Martínez e Marta Pereira Cotinho presentan o seu libro Zampadanzas do mundo. As autoras estarán acompañadas do ilustrador do libro, Sergio Cobos Martínez.

Os interesados en participar poden formalizar a súa matrícula nas web as-pg.com ou cig-ensino.org. O prezo é de 11 euros para afiliados, 21 para desempregados e 41 para mestres en xeneral.