Multitude de festas para disfrutar do tempo libre

J.???C.

PONTEVEDRA

21 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Galicia é coñecida pola súa gastronomía. Se engadimos ó seu encanto, as festas e verbenas pódese afirmar que é unha terra chea de troula non apta para xente cansa.

Os veciños e turistas que se atopen na illa de Ons poden acudir a celebración das festas patronais en honra a San Xaquín. A asociación de PineirÓns en colaboración coa comisión de festas e Parques Naturais vai realizar hoxe o campionato de tiro á chave trofeo San Xaquín, que se levará a cabo no patio das antigas escolas. Este xogo popular realizouse en Ons os fins de semana, no que participaban a mayoría dos vecinos. Ao carón desta actividade prepáranse varias unidades didácticas sobre o medio mariño da illa e sobre a ruta Xacobea das illas Cassitérides.

Por outra banda, os que prefiran desplazarse en vehículo e degustar os productos do mar poden achegarse a Combarro. onde se celebra a Festa do Mar. Durante a mañán terá lugar a apertura da feira de mostras das Rías Baixas, Mare. O evento contará de maneira diaria con diversas actividades como a mostra de artesanía e pintura ou a realización de obradoiros tradicionais no centro histórico de Combarro. Para o público interesado en coñecer a zona se realizarán visitas guiadas ás 12 e ás 19.30 horas dende a praza da Chousa, no punto de información, ambas partidas de carácter gratuito. Para poder realizar a visita é necesario reunir a un grupo mínimo de seis persoas. Os achegados á festa poderán degustar produtos gastronómicos na mostra amenizada por diversos grupos folclóricos.

Dentro do programa da festa, hoxe se realizará a 14º concentración de embarcacións tradicionais as 17 horas. Tras o evento se mostrará a exposición dos traballos participantes na elección fotográfica do Clube Mariño e Reiboa. Chegada a noite, será o momento estrela dos concertos. No escenario do peirao da Canteira actuarán os artistas David Civera, Coti, 6X1 e Astarot.

Continúa a festa en Marín. Hoxe comezará o primeiro festival da Mocidade que durará ata o sábado. A partir das 22.30 horas na Alameda actuarán os grupos Maedi Visna e Aquelados, ambas formacións relacionadas coa música pop rock. Dentro das festas mariñeneses, cabe destacar as festas que se celbran na praia de Loira. Ás 10 horas será a alborada, seguida das atraccións e da esperada festa da espuma. Chegada a noite, a música amenizará os vecinos da zona coas orquestas Anduriña e Distrito 7. Para finalizar o día, a media noite haberá unha gran tirada de fogos de lucería para o disfrute dos achegados.