Un libro repasa a traxectoria e a obra de Xoán Vidal Martínez

La Voz

PONTEVEDRA

13 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Onte presentouse, no novo edificio do Arquivo Provincial, o libro Xoán Vidal Martínez. Vida e obra, do que son autoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.

Recolle a vida de Xoán Vidal e a súa andaina literaria dende 1920, cando funda o quincenario Hebe, un ano antes de publicar o seu primeiro libro de poemas, titulado Mágoas. O libro supuxo unha labor exhaustiva de documentación e investigación acerca da figura deste pontevedrés ilustre.

En 1922, Vidal Martínez fundou a revista e o selo editorial Alborada e colabora con periodicos e revistas literarias. Dez anos despois funda Cristal, revista biblingüe na que colaboran grandes figuras como García Lorca, Castelao, Cabanillas e Otero Pedraio. Convértese en mestre e pasa varios anos de traslados por Galicia, para marchar ás Illas Canarias e non regresa a Pontevedra ata 1986.

As súas publicacións máis representativas son Magoas, Evasión, Alcor, Voz y memoria, Poemas galegos ou Palabra llana.

Trátase da última publicación editada pola Deputación, dentro da súa colección Fillos ilustres da provincia de Pontevedra, colección na que tamén figuran Los otros Valle Inclán, de Víctor Viana, Domingo Fontán no Parlamento, de Baldomero Cores ou Julio Camba. Crónica dunha vidal, de Federico de la Peña.