O portavoz do PP nega calquera parecido entre a división das superdelegacións e o 5-J. Pero comprende as suspicacias
13 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Di que se está desviando a atención co debate sobre as superdelegacións en Pontevedra. «Unha capital de verdade -di, en referencia a donde cre que debería centrarse o debate local- non pode estar sen transporte urbano, sen presuposto e sen infraestructuras». Telmo Martín, o portavoz do PP na ciudade, está disposto a deixar no camiño as cordas vocais para explicar que a creación dunha delegación en Vigo non supón un problema para o estatus de capitalidade.
-¿Cre que vai ter efecto esa reunión que tivo co presidente Alberto Núñez Feijoo e cos colectivos sociais?
-Eso verase nos próximos días. En ningún momento cuestionamos o sentimento dos pontevedreses de que se está perxudicando á cidade coa decisión da Xunta, ainda que non sexa así. Teñen todo o dereito a pensalo, pero a nosa obriga é explicarlle que non é así. O presidente tivo unha sensibilidade exquisita en asistir a esta reunión que eu tiña convocada cos colectivos sociais e económicos. É un tema difícil de explicar para personas que non o queren entender. Moitas veces móvese moi ben á xente para tapar outras cousas, pero bueno.... O presidente o que lle comentou é que esperen a que saia ese organigrama periférico e que o valoren despois.
-Con ou sen razóns, ¿cre que a cidade vive un ambiente similar ao do 5-J?
-Non ten nada que ver esto co 5-J, pero si é verdade que é un tema delicado e que, se o alcalde pide a movilización, a xente que está preocupada, pois algúns se movilizarán. Eu tratarei de explicar que é un erro. Pero en democracia, afortunadamente, un pode falar en liberdade e, polo tanto, se os pontevedreses cren que Pontevedra se segrega e que... bueno, cousas que non son verdade, que son un disparate, pois nós respetaremos sempre o que diga a cidadanía.
-¿Perde peso político a capital?
-Hai cousas que eu sinceramente non entendo. ¿Perder peso político? ¿Donde? Dentro de pouco vaise facer todo por Internet. O que me preocupa agora mesmo é se algún funcionario dos que traballan no edificio administrativo da Xunta se vai marchar para Vigo. Pero como iso non vai ser así, que o garantiu o presidente da Xunta, ningunha nómina se vai marchar para Vigo. Nas delegacións, o peso político téñeno os alcaldes, que son quenes tratan cos delegados. Un cidadán cando ten un problema vai ao seu concello. Peso político significa facer infraestructuras e prestar todos os servizos que se precisan. Eso é o peso político.
-¿Por que só hai dúas delegación en Pontevedra?
-Posiblemente non se explicou ben o que se está a facer. Por iso convoquei aos colectivos sociais. Dito esto, deixemos de facer localismo. Estamos condenados a entendernos con Vigo. Debemos eliinar eses localismos. Pero eu comprendo aos cidadáns. Posiblemente se cometeron erros no pasado e están desconfiados. É normal. A miña obriga é convencelos.
-Vostede dixo que non lle ía pasar o que a Juan Luis Pedrosa por non acudir ao 5-J.
-Efectivamente. Chegado o momento eu definiría a miña postura. Depende para o que sexa a manifestación, porque hai xente que quere aproveitala para lialo todo. O PP está dicindo o mesmo en Pontevedra e en Vigo. O BNG e o PSOE non dicen o mesmo. Queda moi ben que o señor Lores e a señora Casal digan que queren moito a Pontevedra, pero eu pediría un pouco de coherencia aos seus partidos.