Pontevedreses do ano

PONTEVEDRA

Maio Longo sumase aos nominados a elixir polo xurado dos premios do Concello que reúnese hoxe

08 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O xurado dos Premios Cidade de Pontevedra, presidido pola concelleira de Cultura, Lola Dopico, reúnese hoxe para elixir a persoa e a entidade que máis destacaron no ano 2008 pola labor desenvolvida ou pola súa traxectoria de especial proxección cara Pontevedra e os seus habitantes.

Finalmente, son oito as candidaturas presentadas a estes galardóns. A última en facerse pública, na modalidade colectiva, foi a asociación Maio Longo, que ten unha longa andaina no traballo a prol da cultura galega, na defensa e divulgación dos seus valores e diferentes manifestaciones ( lingua, arte, literatra, musica, folclore, ciencia) tanto do presente como do pasado. A nominación desta asociación partiu dun particular.

Con ela compiten na mesma categoría de colectivos, Factoría Eurodigital, presentada por Pontevedra Activa. Trátase dunha productora que utiliza a tecnoloxía de Internet para dar a coñecer a cidade, como pensa e sinten os cidadáns. Os seus mentores alegan que situou a Pontevedra na vangarda a traverso da web www.descubregalicia. com., entre outros portais.

A sociación Salvemos Pontevedra, proposta por Vaipolorío, e outra das candidatas, entre outras cousas, por coneguir que o Ministerio de Medio Ambiente teña que iniciar un procedemento para devolver a dominio público os terreos de Mollavao onde se ubicaba Construciones Malvar, según sentencia so Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A cuarta entidade nominada aos premios é Centro Comercial Urbano Zona Monumehtal, a proposta entre outro dos Amigos do Camiño Portugués, pola súa contribución a revitalización do casco histórico da ciudad e do seu comercio con todo tipo de actividades e iniciativas varias.

Pecha a lista de cinco nominados aos premios de colectivos, a asociación Os Palleiros, proposta por Víctor Sariego a nivel particular, pola súa defensa e protección sos animais domésticos, en especial dos cans. Xestionan as instalacións do refuxio de animais de Campañó e fomentan a adopción de cans abndoados.

No apartado de persoas físicas, os nominados aos Cidade de Pontevedra son tres. Encabeza a lista a o actor Celso Bugallo, que comenzou a súa traxectoria nos anos 70 e foi premio Goya 2004 ao mellor actor de rrparto coa película Mar Adentro. Con el compiten o empresario pontevedrés afincado en Barcelona, Ricardo Tilve, mecenas e benefactor de moitos clubes deportivos da cidade e colaborador de outras entidades benéficas. E Arturo Gerpe, avalado polo Colexio de Xestores e cunha longa traxectoria profesional neste sector.