A Concellería de Medio Ambiente Natural fomenta sete rutas de senderimo guiadas por expertos
18 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Natureza nos Caminos de Pontevedra é unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Medio Ambiente Natural, que dirixe Celia Alonso, para fomentar a aprendizaxe dos valores naturais no marco da natureza e a biodiversidade, incrementar o respeto polo noso patrimonio natural e etnográfico, e contribuir á educación para a sostetenibilidade.
Este proxecto surxe como unha alternativa de lecer que procura poñer en valor os principais elementos do patrimopnio natural da cidade. Ademais, quere ofrecer a todos os pontevedreses a posibilidade de coñecer e gozar coa diversidade de espazos que se amosan no nosso contorno natural.
Natureza nos Camiños, que comeza o vindeiro 21 de decembro, dividese en sete ruras de senderismo, guiadas por expertos en educación ambiental, cada unha delas cunha duración aproximada de catro horas. Todos os domingos os cidadáns que queran participar no programa deberán achegarse á Alameda, a carón das ruinas de Santo Domingo, as 10 da mañá, onde un autobús fretado especificamente para esta actividade os levará ao punto de partida da ruta.
Outra das actividades que se contempla son as Rutas das Estrelas, con estacións de observación astronómica de caracter divulgativo, tamñen dirixidas por expertos en astronomía. Nas mesmas, ademais dunha carta de estrelas, ofeceráselle aos participantes bebidas quentes de balde (chocolate, café, leite), para combater as temperaturas da noite.
Natureza nos Camiños inclue un certamen de fotografía aberto a todos os participantes que queran tomar imaxenes. A finalizar o programa realizarase unha exposicióm con todas as fotos enviadas polos cicadáns.
Para formalizar a inscripción o recibir máis información hai que chamar ao teléfono 986 804 300, extensión 4262-4264. Todas as actividades son gratuitas, ainda que é mester inscribirse.
As rutas desenvolveránse por espazos naturais de gran valor ecolóxico das parroquias de Alba, Bora, Campañó, Lérez, Marcón, Ponte Sampaio, Santa María de Xeve Tomeza, Verducido e San Andrés Xeve.
Os itinerarios discurrirán polo espazao de Rede Natura Ensenada de San Simón, as aves migratorias na Xunqueira de Alba, a altitude de Serrra da Fracha, as fermosas ribeiras do río Lérez, o encoro de Pontillón de Castro, a riqueza natural e etnográfica do río Gafos, e unha das xoias do parque nacional, a Illa de Sálvora.
Cada unha destas rutas faranse polo mesmo orden citado os domingos 21 e 28 de decembro, 4, 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro.
A Concellería de Medio Ambiente Natural ten como obxectivo fundamental protexer e conservar os espazos naturais da cidade de Pontevedra, especialmente, do seu contorno. Fomentar o desenvolvemento sostible da cidade e garantir unha axeitada calidade de vida para os pontevedreses, son outros dos seus principais motivos deste iniciativa ecoloxista.