Magostos de todo tipo terán lugar nesta fin de semana tan castañeira: ambientais, urbanos, infantís e de veciños.
07 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Un outono sen castañas é coma se non foxe outono. A tempada de magostos xa deu o pistolezo de saída e o cheiro a castaña quentiña mestúrase co frío que entra no corpo. Nesta fin de semana, hai xuntanzas para todos os gustos: Hainas campestres e ambientais, como a que organiza a Concellaría de Medio Ambiente Natural, xunto coa estimable colaboración da Asociación Vaipolorío e Os palleiros, hainas urbanas, coma a da Asociación de veciños de San Roque, hainas cun aire mariñeiro, coma a que se celebrará esta tarde na casa de cultura de Seixo e hainas infantís, coma a da Escola Concepción Crespo Rivas.
O magosto organizado polo Concello terá lugar nunha finca da Asociación Vaipolorío, na Ponte da Condesa, en Tomeza. A xornada iniciarase ás catro da tarde cun paseo polo Río Gafos, na travesía que une a ponte con Vilaboa. Todo estará disposto para amenizar con música esta tarde tan castañeira. Ademais, este manxar contará coa presenza dun centenario tren asador, propiedade de Valentín, o famoso castañeiro da Praza da Ferrería.
Un magosto ambiental
A concelleira Celia Alonso asegurou que este encontro ten varios obxectivos: O primeiro deles é que os cidadáns teñan contacto coa natureza e que todos disfruten dun serán de lecer. Os palleiros estarán presentes neste magosto para tratar de concienciar aos asistentes da importancia de non abandonar cans nas zona rurais do municipio. Alonso recoñeceu que «nestes espazos hai moitísimos can soltos». Os palleiros afirman que non saben que facer con eles porque «xa non lle caben máis no recinto».
Outro dos problemas que atopan nesa zona e a presenza de cazadores. Nese sentido, Celia Alonso anunciou que a Consellería de Medio Ambiente está tomando medidas para conseguir que esta zona do río Gafos, esté exenta de caza. Todas aquelas persoas que decidan acercarse ao magosto, deberán tomar a estrada hacia Tomeza e seguir as indicacións. Seguro que disfrutará dun agradable serán en contacto coa natureza.
Outros magostos
Os alumnos da escola infantil Concepción Crespo Rivas, tamén organizan o seu particular magosto, lucindo complementos de castañas e cantando cantigas.
O grupo cultural Ronsel e a Asociación de pescadores Chirleu, convidan a acudir ao magosto, que terá lugar a partir das seis da tarde, na casa de cultura de Seixo. A asociación de veciños San Roque tamén celebrará a partir das sete da tarde do sábado, outro encontro diante do seu salón social, na travesía Irmáns Pazó Montes. ¡Feliz magosto!