Ao sons das campás

Chelo Lago

PONTEVEDRA

O grupo Os Chichisos celebra en Ínsua, Ponte Caldelas, unha xornada para dar a coñecer o patrimonio sonoro

13 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Por segundo ano consecutivo o grupo de música tradicional Os Chichisos celebra hoxe unha xornada de campás e campaneiros, ca que pretenden seguir dando a coñecer o patrimonio sonoro, cunha demostración de todos os toques tradicionais deses instrumentos que non fai moito avisaban de acontecementos sociais, relixiosos e mesmo de perigos de catástrofes.

Para desenvolver esta xornada os organizadores contan coa colaboración desinteresada de Elías Darriba, Juan Manuel Darriba e Juan Carlos Pereira, campaneiros da Ínsua, no Concello de Ponte Caldelas, parroquia na que se celebrará esta actividade.

Os Chichisos subliñan que cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos distintos toques ou sinais para comunidar os acontecementos, sendo substituidos por aparellos electrónicos que tanxen as campás e agora tamén son poucos os cidadáns que saben identificar o que se transmite con este linguaxe tradicional.

O programa da xornada comezará ás 16.30 co repique das campás como chamamento aos participantes, seguido unha demostración das diferentes sinais sonoras polos anteditos campaneiros.

Logo, ás 17.30 horas, haberá un concerto titulado Campás, gaitas e foguetes, a cargo do grupo de música tradicional Os Chichisos para seguidamente, dar paso a repiques de diferentes zonas elugares. Despois lles chegará o turno aos participantes, que farán prácticas coas campás, para rematar, ás 20 horas, cun viño para os inscritos, na taberna Eicho de dar, queridiña.

Todos os sons, e en especial os que están en perigo de extinción, serán grabados pola asociación Esoitar.org que traballa na recuperación do premio sonoro de Galicia.