O grupo Lamatumbá actuará por terceira vez en Pontevedra converténdose no prato forte desta noite de festa
16 ago 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Sergio é a voz e os asubios do grupo galego Lamatumbá. Esta formación actuará hoxe na praza de A Ferrería, a partires das 22.30 horas.
-¿Como definirían o seu estilo musical?
-Nós non nos cinguimos a un estilo determinado. Gústanos investigar un pouquiño en diferentes categorías. Temos un pouco de cumbia, ska, merengue, tango... Mestizaxe e fusión son algunhas das etiquetas que se nos aplican.
-De todas as denominacións que reciben ¿cal é a que máis lles gusta?
-A min particularmente a de A verbena do século XXI. Esta etiqueta é probablemente a que mellor define a enerxía que nos gusta transmitir no escenario.
-¿Que tal levan a xira?
-A verdade é que ben. Estamos aínda no medio da historia. A Peregrina supón o paso de ecuador. Estamos cheos de enerxía.
-¿Cal é a próxima parada?
-Temos unha actuación en Moaña. Tamén hai por ahí algunha outra cousiña pero aínda non está pechada.
-¿Teñen moitas ganas de vir as festas da Peregrina?
-Sí. Ademáis eu teño a un irmán vivindo ahí e que apetéceme moito. E a terceira vez que o grupo actuará na cidade e a primeira vez que o farei eu como novo integrante do grupo.
-¿Qué sinte ao compartir cartel con artistas como Muchachito, Amaral ou Pignoise?
-Para min é un gran honor e un aprendizaxe porque precisamente nós non renunciamos, en principio, a ningún estilo. Todo o que veña de xente consolidada e sólida nos directos é pedagoxicamente moi enriquecedor.
-¿En que outros proxectos estan traballando a nivel persoal ou grupal?
-Neste momento estamos traballando o que é unha sorte nos tempos que corren. A nivel persoal habería que preguntar a cada un dos membros para sabelo. Eu, por exemplo, veño do mundo do teatro e non renuncio de todo ao meu traballo de actor.