Arranca Abril dos Libros

La Voz

PONTEVEDRA

Música, cine, teatro, contacontos e outras actividades para nenos e maiores enchen o mes máis cultural

03 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Toda canta actividade cultural se celebre este mes ten cabida na programación do Concello Abril dous Libros.

O mes máis cultural segue marcado por un gran obxectivo que é fomentar o hábito da lectura, pero diversificando a oferta con música, teatro, contacontos, obradoiros de expresión, maxia, lecer alternativo para os mozos e ludotecas para os nenos, a desenvolver tanto na cidade como nas parroquias do rural.

O Encontro Feira Proxecto-Edición que se inicia hoxe, adicado a coñecer as novidades creativas, serve de arranque á programación de Abril dos Libros, presentada onte pola concelleira Lola Dopico.

No ámbito escénico, destacan as representacións do Aula Municipal de Teatro, coa obra Quero ser Maradona; de Pinga Teatro (Teatro Negro), con Unha rosa non xardín, e de Cuarto Escuero Teatro, con Unha parella ideal. ?En canto á oferta musical, ademais da actuación de Marlango do próximo sábado, na programación inclúense os recitais de folk de Faltriqueira e Fía Na Roca, de Malvela, así como concieros da Banda de Música de Pontevedra e outros de música clásica, promovidos por Rutas do Románico.

Xa no ámbito literario destaca a presentación o 16 de abril dun libro disco de Celso Emilio Ferreiro e a celebración o 23 de abril do Día Internacional do Libro cun acto institucional.

Os clubes da lectura propiciarán un encontro con Eva Almazán, tradutora de Brooklyn Follies de Paul Auster, previsto para mañá na axencia de lectura de Santa María de Xeve. E outras asociacións de O Burgo e Salcedo comentarán os martes, xoves e venres as obras de María Reimondez, Xosé Fernández Ferreiro, Andrea Camilleri e Anna Gavalda.