O marinense Carlos Prado rodará no festival Play-Doc un documental sobre o papel do asno fariñeiro en Tui
12 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.O burro fariñeiro, variedade do asno típico de Galicia, está agora en perigo de extinción. Pero noutros tempos tivo un importante papel, por exemplo na localidade de Tui, non só como transporte de fariña aos muiños tudenses, senón que tamén foi utilizado para otras moitas funcións como transportar feridos durante a Guerra Civil, para pasar contrabando na posguerra desde Valença do Miño ou como simple veículo para os sacerdotes que tiñan que dar misa nas distintas localidades do sur de Galicia.
Sobre este animal trata o proxecto que o novo realizador marinense Carlos Prado realizará no Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui. O creador foi seleccioado como un dos catro finalistas na sección Play-Avid Doc, dedicada a potenciar aos novos realizadores audiovisuais galegos e que este ano tiña como tema de referencia o Camiño. O seu proxecto, precisamente, chámase O camiño do burro e terá que gravalo duranto os días que dure o festival. Prado deberá filmar un corto sobre este tema que non exceda dos catro minutos e que se exhibirá o domingo, o último día do festival, xunto aos outros documentais elaborados durante o certame. Ademáis, como os outros participantes, deberá acudir a clases impartidas por profesionais do audiovisual, onde recibirán pautas para filmar as súas pezas.
Prado, que traballa tamén na emisora de Radio Voz en Vigo, destacou que precisamente elexiu este tema «por original, divertido y porque llama la atención». O realizador intentara noutras edicións participar no festival presentando outros proxectos, pero sen éxito. «Buscando me encontré esta historia y enseguida la elegí», engade. O marinense púxose en contacto coa Asociación de Defensa do Burro Fariñeiro (Abufa), que lle prestará colaboración desde hoxe para rodar o seu documental en Tui. «Tengo ya varios burros para rodar», comenta o realizador.
O público, despois da exhibición do domingo, será o que elixa o corto gañador.