A cidade revive coa Feira Franca o antigo esplendor da Moureira nos siglos XVI e inicios do XVI
01 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.Aínda que a festa iniciciouse onte á noitiña cun desfile de cabaleiros, pasarrúas e bailes e musica medievais, o día grande da Feira Franca é toda a xornada de hoxe, na que están programadas case que 200 cantares e ceas de grupos de particulares nas rúas e prazas do casco antigo de Pontevedra e na Alameda.
O tema central aborda a importancia que tivo o mar para a cidade polo que haberá unha mostra de embarcacións tradicionais nas Corbaceiras, que se incorpora á celebración este ano, e que tamén albergará unha mostra de artes e oficios do mar no seu peirao con obradoiros de nós mariñeiros de sal para nenos, encaixe de agulla, etc. Non faltará a recreación dun poste medieval e taberna mariñeira, ademáis de subasta do peixe.
A cidade encherase de nobles e vasalos, ferreiros, artesáns, condeados á forca, leprosos, mesoneiras e moitas actividades da época. Tamén haberá espectáculos de cetrería que terán lugar na avenida de Montero Ríos, ás 13.30 e as 18.30 horas e numerosos obradoiros, como o de escritura gótica nas inmediacións das ruínas de Santo Domingo (de 12.30 a 14.30 e de 18 a 20 horas), de escrita medieval na praza de Curros Enríquez, de tinguidura nos soportais de San Bartolomeu todo o día ou a recriación dun obradoiro de olaría así como a demostración de destilado de alambique no campiño de Santa María (de 13 a 19 horas). Tampouco faltarán todo tipo de xogos populares na Alameda, desde ás 18 horas e unha mostra participativa de tiro con arco nas Ruínas de Santo Domingo.
O mercado de oficios tradicionais da Ferrería abrirá as súas portas as 11.30 horas, e unha hora máis tarde, farase a recreación histórica do transporte do viño desde a rúa Santa Clara.
Numerosos grupos animarán as rúas, desde zancudos e xigantes, ata grupos de percusión, malabaristas, pandereteiras e mesmo títeres. Haberá xogos de rol e xogos infantís nos xardíns de Casto Sampedro.