ZOO CLUB (SANXENXO) | 03.00 HORAS
23 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.A valenciana Dj Marien é a disc jockey oficial da revista Playboy, coa que a publicación iniciou unha xira de actuacións polas principais salas de toda a xeografía nacional. De ela din que é moi «enérxica» e «ecléctica» e nas súas sesións pódese bailar diferentes estilos, desde o house máis fino e elegante ata o tech house «rompedor e contundente».