José Freire, do SUP, alerta de que é «unha problemática moi estendida»
12 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.«Hai aspectos da seguridade que preocupan á sociedade e que, por tanto, preocupan aos funcionarios que temos o deber constitucional de velar pola súa seguridade e a súa liberdade». Deste xeito, o secretario galego do Sindicato Unificado de Policía explicaba onte os motivos que lles levaron a organizar un curso sobre documentos falsos, «unha problemática moi estendida», precisou José Freire. Neste sentido, aludiu a que a inmigración ilegal, así como o tráfico de persoas para a súa explotación sexual e laboral, válense destes documentos falsificados para acadar os seus ilícitos fins. É por iso que resaltou que os axentes, sobre todo os que están na rúa, deben ter uns coñecementos que lles permitan sospeitar da falsidade de determinados pasaportes, documentos de identidade e, ata, de permisos de residencia ou de traballo. En total, son 62 os funcionarios das comisarías das provincias de Pontevedra e Ourense, e do corpo autonómico os que están asistindo a este seminario. O obxectivo final, segundo apunto o máximo responsable do SUP galego, é «tratar de coñecer os subterfuxos que utilizan as bandas organizadas» falsificar estes documentos. ?Neste marco, considerou que esta labor formativa debe conxugarse coa resposta operativa para que as intervencións policiais teñan éxito. Lamentou que o esforzo do Goberno á hora de ampliar plantillas redunde de manera negativa na súa formación.