Técnicas de control mental

La Voz

PONTEVEDRA

RESIDENCIA DE ESTUDANTES | 20 HORAS

18 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Carmen Novoa Pérez e Cesáreo Hernández imparten hoxe unha charla sobre dinámica mental, autocontrol e depresión. Nela abordarán, entre outros temas, as técnicas de relaxación e respiración e de control mental para aliviar a ansiedade e o estrés e mellorar o rendemento escolar, entre outras aplicacións. A charla, recomendada especialmente para estudantes e profesionais, é aberta ao público e levarase a cabo na residencia de Caixanova.