Renfe sorteará cinco viaxes Inter Rail entre os asistentes a Noites Abertas

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

?enfe sorteará cinco billetes Inter Rail entre os mozos que asistan ás actividades de ocio Noites Abertas, que programa cada fin de semana o Concello pontevedrés. O sorteo celebrarase no mes de xuño entre todos os participantes menores de trinta anos deste programa xuvenil e os gañadores poderán disfrutar deste viaxe ata o 31 de decembro deste ano. O Concello e Renfe firmarán hoxe o convenio no que se establecen as bases deste sorteo, así como a promoción que a administración local realizará da tarxeta Inter Rail non só en Noites Abertas, senón tamén na Oficina de Información Xuvenil, ubicada nas dependencias municipais da Casa Azul, na rúa Sor Lucía. Neste centro tamén se recollerán os datos dos socios do programa de ocio nocturno que desexen participar no sorteo. Inter Rail é un pase que permite viaxar en tren por máis de 30 países europeos en primera ou segunda clase durante varios días. O proxecto arrancou en 1972 e desde entón máis de 7 millóns de personas utilizaron esta tarxeta.