SAÍDA DO CONCELLO | 16.45 HORAS
17 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.A concellería de Saúde Públics e Consumo de Pontevedra celebra hoxe, dentro da campaña Bótalle ánsia, unha nova andaina esta vez polo parques urbanos de Pontevedra, para recoñecer carballos, freixos, acibros, magnolios ou salgueiros, entre outras árbores. O obxectivo desta campaña é fomentar a práctica do exercicio físico dun xeito tan saudábel, doado e económico como camiñar., combinando o senderismo coa observación da natureza e o achegamento ao patrimonio cultural. A saída será ás 16.45 horas desde a porta do Concello e os interesados poden inscribirse gratuitamente de 10 a 14 horas, no teléfono 986 833 061, no que tamén lle informarán sobre todo o relativo a esta campaña.