Seis imaxes participan na procesión dos Pasos

La Voz LA VOZ | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

XOAN CARLOS GIL

As igrexas conmemoran hoxe a institución da Eucaristía Todas as confrarías peninteciais interveñen no desfile

04 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

? denominada procesión dos Pasos sairá hoxe, Xoves Santo, da Basílica de Santa María, ás 20.30 horas. Formarán a comitiva a cruz parroquial, o paso da Santa Cea, acompañado pola Confraría da Maior Dor; o da oración no horto, coa Confraría da Nosa Señora do Amor Fermoso; Xesús Cautivo e paso da Flaxelación, coa Confraría do Silencio e a Orde Franciscana Seglar; o do Ecce Homo, coa Confraría do Espírito Santo; o paso da Cruz a Costas, acompañado pola Confraría do Noso Pai Xesús e la Virxe da Soidade, coa Confraría da Vera-Cruz e Misericordia. A procesión percorrerá as súas de Santa María, praza de España, Michelena, Paseo de Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, Real, Praza de Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alhóndiga e avenida de Santa María. Nesta xornada tamén se celebran os oficios, as misas conmemorativas da institución da Eucaristía, que terán lugar ás 16.30 horas na igrexa de Santa Clara; ás 17, en Santiago Peregrino do Burgo, San Francisco e San Bartolomé; ás 18 horas, na Virxe do Camiño, San Xosé de Campolongo e Bo Pastor de Monte Porreiro; ás 18.30 horas, no santuario da Virxe Peregrina e ás 19 horas, na Basílica de Santa María. Ademais, a Hora Santa e a vixilia xeral da Adoración Nocturna será ás 23 horas en Santa María, San Bartolomé, San Xosé e Virxe do Camiño, e media hora máis tarde en Monte Porreiro. A procesión do Xoves Santo era a que tiña maior relevancia popular en Pontevedra desde o inicio da súa celebración, que data do século XVII. Segundo recóllese no programa editado pola Xunta Coordenadora da Semana Santa, ata hai noticias de tumultos e pelexas por ver esta procesión, que do mesmo xeito que a do Venres Santo, estaba moi vinculada á capela da Vera Cruz do Convento de San Francisco, que ao parecer estaría situada fora do que hoxe coñecemos como recinto da igrexa, concretamente na zona do claustro máis cercana á actual entrada principal. Alí celebrábanse os cultos máis importantes da cidade no xoves e venres, cunha serie de actos litúrxicos, e de alía saían as procesións eses dous días.