«Fama» chega co mesmo montaxe que en Madrid

La Voz CH. L. | PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Inda quedan algunhas entradas para o espectáculo Vinte artistas dan vida a profesores e alumnos dunha escola de artes escénicas

01 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? espectáculo Fama estreouse onte en Pontevedra onde estará ata o vindeiro domingo, da man de Caixanova. Representantes da produtora, da entidade bancaria e do elenco de actores explicaron as súas características. O musical colle o testigo da película e da serie televisiva e conta a vida dunha escola de artes escénicas de Nova York, na que os alumnos estudan ao longo de 4 anos. Estreouse en Londres onde estivo en cartel ininterrompidamente durante 15 anos, ata fai apenas dous. Na montaxe, segundo subliñou Oleguer da produtora do espectáculo, participan 22 actores que interpretan aos alumnos e 4 profesores -música, interpretación, danza e lingua, a máis dura dos ensinantes-. Ademais viaxan con tres camións e unhas vinte persoas para a montaxe, que reciben a axuda doutras tantas en cada lugar no que se presenta. O espectáculo abarca todos os estilos musicais, desde pezas clásicas ata rap, pasando por salsa, rock e claqué. «El musical -afirmou Oleguer- refleja la sociedad de Estados Unidos, multicultural y multirracial» e indicou que o elenco do espectáculo tamén é multicultural e multirracial, con rapaces cubanos, de Estados Unidos, arxentinos, de Xapón en españois, entre eles unha galega. Tanto os organizadores como os produtores subliñaron que o montaxe que se vai ver en Pontevedra é o mesmo que o de Madrid ou Barcelona, e que non houbo que facer ningunha modificación. Incluso alabaron os espazos que están atopando na súa xira para actuar «que no los hay en Madrid y la gente lo debería saber» afirmou Gonzalo, de la produtora. Pola súa parte, Oleguer abundou en que tanto a montaxe como a escenografía é a mesma. «Lo único que varía para la gira -engadiu- es la estructura que soporta la escenografía que se ha hecho montable por una cuestión de tiempo para montar y desmontar de cara a las siguientes actuaciones». Fama. El Musical, dura 2,45 horas, cun intermedio de vinte minutos e trátase dun espectáculo visual para todos os públicos. Hoxe e mañá escenificarase ás 18 e 22 horas, e o domingo, último día, ás 17 e 21 horas.