Praza da Ferrería O popular John Balan regresa de novo ao escenario, inda que sexa na residencia de anciáns onde reside
05 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Con 71 anos e recuperándose da tromboses que lle paralizou medo corpo e mermou as súas habilidades fonético-farínxeas, John Balan está preparando o seu regreso ao escenario. Será co espectáculo Unha vida bohemia, no que repasará as anécdotas máis interesantes da súa vida como artista. Non poderán faltar as súas parodias dos protagonistas das películas do Oeste, coas que tantos éxitos cosechou, tocado có imprescindible chapeu vaqueiro, ou as súas aparicións na TVE da man de José María Íñigo nas que, cunha porta e a súa gorxa, asombrou a España enteira a facer de home orquestra. A actuación terá lugar o vindeiro sábado, na residencia Virxe do Camiño do Asilo de Pontevedra, onde o artista reside actualmente. O espectáculo comezará ás 17 horas e o popular personaxe invita a todos os pontevedreses que o desexen a ver a súa actuación e a pasar un intre agradable. Rafael Pintos Precisamente un dos compañeiros do artista de Seixo nos programas da TVG, Rafael Pintos ou Vladimir Dragosán, que tanto monta, estivo na inauguración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. E a boa fe que non desentoaba para nada, pois o lema deste salón é o medo e a súa aparencia, sempre impecablemente vestido de negro, é algo inquedante, especialmente para os que non o coñecen. Alí estivo entre esqueletos e personaxes tenebrosos. Por certo, que neste salón exhíbese, entre outras moitas cousas, unha capa de vampiro, prenda que leva moitas veces Rafael Pintos. O alcalde, durmido Por certo, que nos intres previos á inauguración do Salón do Libro andaba o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, todo preocupado porque quedouse durmido e non acudiu a cortar a cinta inaugural das Rutas Cicloturísticas do Románico que iniciaban a súa andaina. Segundo contou, o motivo foi que houbo un corte de luz e o espertador eléctrico que utiliza non funcionou. Andaba na procura do presidente do padronado da Fundación, José Antonio Rodríguez Mouriño, para desculparse, pero non o logrou ata onte, pois carece de teléfono móbil. Por certo, de Rodríguez Mouriño retrasou quince minutos a saída, para ver se chegaba o alcalde, e logo, el mesmo tivo que cortar a cinta inaugural. Móbeis Por outra banda, a Asociación Galega do Moble reuniuse en Tenorio, Cotobade, no seu encontro anual para presentar as novas tendencias do mobiliario para o ano actual. Máis de 40 establecementos comerciais de toda Galicia forman esta agrupación que persigue, segundo os seus responsables, a redución dos prezos ao consumidor. A AGM naceu no 2001 con capital galego cen por cen e co obxectivo de realizar unha política comercial común e poder mellorar a súa competitividade, tanto en calidade como en prezo final para o consumidor. A reunión estivo presidida por membros da directiva como o presidente, Bernardino García; o vicepresidente, José Sanjurjo e Rubén Estévez, coordinador da entidade. Cea en Cambados O encontro levouse a cabo en Tenorio porque alí ten a asociación o seu almacén regulador, que dirixe Celso Tomé. Precisamente este sistema lle permite ao grupo abaratar custes e mellorar a loxística das entregas, incluso en períodos de vacacións ou de peche de establecementos. Galega do Moble da traballo director a máis de 250 persoas e os mobles fabrícanse en Galicia. O encontro anual rematou cunha cea en Casa Rosita de Cambados.