Homenaxe a Campoamor

La Voz

PONTEVEDRA

PAZO DA CULTURA | 20.00 HORAS

30 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

A principal impulsora da equiparación dos dereitos electorais das mulleres, Clara Campoamor, recibe unha homenaxe coa presentación do libro Homenaxe a Clara Campoamor. 75 aniversario da consecución do voto feminino, froito da colaboración entre a Facultade de Ciencias da Educación, a Concellería de Benestar de Pontevedra e o Centro de Formación e Recursos da Xunta de Galicia. Tras a presentación da publicación, a profesora María José del Río Oliete pronunciará unha conferencia na que abordará o perfil desta figura considerada como unha das nais do movemento feminista e sufraxista en España. Asistirá o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, o alcalde, Miguel Anxo García, e a directora xeral de de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez.