A travesía do barco da memoria

María Conde PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Reportaxe | Estrea dun documental Un filme, presentado onte na biblioteca, retrata o percorrido do buque «Hidria» no Ano da Memoria, así como os testemuños de varios represaliados en Galicia

08 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

?n xullo do pasado ano, trala homenaxe da Xunta aos represaliados do franquismo na illa de San Simón, comezou a súa travesía o barco da memoria, un antigo buque restaurado cuias adegas contían a exposición Os mártires do mar, sobre a represión nas costas galegas. O Hidria percorreu un total de 18 localidades galegas e nas súas actividades participaron unhas 35.000 persoas. Agora, esa singladura vése reflexada nun documental dirixido por Marcos Gallego, sobre o proxecto do historiador Dionisio Pereira, comisario da devandita mostra. Aínda que o filme, segundo Gallego, non é só a viaxe do barco. «A característica que ten o documental -indicou- é que non está narrado por unha voz en off, senón que son os propios personaxes protagonistas quenes lle dan voz. Ademáis de mostrar a viaxe do buque, a película mostra os testemuños de nove represaliados, tanto en primeira como en terceira persoa, as súas vivenzas e recordos. Estas persoas fan a seu viaxe interior e nos contan o que estamos vendo na exposición». Presentación Á presentación deste documental, que tivo lugar onte na biblioteca pontevedresa, asistiron varios dos protagonistas do filme, e tamén os promotores da película, unha coproducción da TVG y Saga TV. «Perdemos xa a moita xente -engade Gallego- e a moitos deles non puidemos chegar. Pero todos os testemuños son moi importantes». O director tiña tamén unha sorpresa para un deles, Marcelino, que foi mariñeiro no buque da República Libertad. «Conseguimos unha fotografía dese buque no que el estivo a bordo e se a vamos a pasar», explicou o realizador. A biblioteca acollerá agora ata o vindeiro día 19 a exposición que antes se exhibía no barco. Os mártires do mar documenta os métodos e os casos da represión franquista, e despois de Pontevedra viaxará a outros dezaséis lugares de toda Galicia, maioritariamente centros de ensino. E é que a Consellería de Cultura xa anunciou que o labor de recoñecemento e de divulgación iniciada no Ano da Memoria tendrá a súa continuación tamén ao longo deste 2007.