Praza da Ferrería Un centenar de nenos acenderon o alumeado navideño na Deputación. Cada pontevedrés gastarase unha media de 474,71 euros nas festas deste ano
01 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.¿Que sería do Nadal sen luces? Pois en moitas cidades, o alumeado navideño constitúe unha verdadeira obra de arte e axuda a ambientar todavía máis estes días de festa. En Pontevedra parece que repetiremos o mesmo deseño do ano pasado, onde as únicas alegrías están na ornamentación da zona monumental, pero a Deputación adiantouse onte ao Concello ao acender a iluminación dos seus principais edificios públicos, tanto o Pazo Provincial como a sede do Patronato Rías Baixas, no Palacete das Mendoza. No primeiro caso, un cento de nenos da Cidade Infantil Príncipe Felipe foron os encargados de poñer en marcha esta iluminación, que permanecerá ata despois da festividade dos Reis Magos. O bonito son as luces, aínda que o máis estresante do Nadal son sen dúbida os gastos. A Federación Provincial de Comercio fixo pública a súa tradicional enquisa sobre a estimación do que nos imos gastar os pontevedreses nas festas e a cifra é de 474,71 euros de media por habitante e 1.557,05 no caso das familias. A maior parte deste diñeiro (137,16 euros irían para agasallos), seguidos de artículos de alimentación (135,19 euros), as celebracións de Fin de Ano e Reis (73,82 euros), xoguetes e agasallos para nenos (66,18 euros) e lotería (44,18 euros na do Gordo e 18,18 na do Neno). Tendo en conta que en Pontevedra existen 78.715 habitantes, a federación estima que o gasto total é de 37,3 millóns de euros, cun incremento do 3,25% con respecto ao pasado ano. No caso da provincia, a cifra do gasto alcanza o 438,2 millóns de euros. O presidente do colectivo, Antonio Reguera, subliñou tamén que cada ano aumenta a porcentaxe das persoas que deixan parte do presuposto das compras de Nadal para as rebaixas de xaneiro, que comezan o día 7. En todo caso, espera que as ventas desta tempada «ayuden a recuperar un poco las del año, que no están siendo positivas, con un descenso que en algunos sectores alcanza el 30%». Da terra onde naceu Xesús, Belén, virán precisamente dous mozos palestinos que visitarán do día 5 ao 8 a parroquia da Virxe do Porto da localidade de Marín. Como explicou o párroco, Ángel Saavedra, os cristiáns de Belén son unha minoría con grandes problemas para subsistir e viven fundamentalmente da artesanía que venden a peregrinos e turistas. Nestes últimos anos o turismo case que desapareceu co conflicto árabe-israelí, co que a súa situación empeorou e decidiron dar a coñecer o seu traballo noutros países. Saavedra destacou que as compras que se realicen «les ayudarán a mejorar su vida y a mantener una tradición secular que puede desaparecer». Rastro Onde tamén se poden atopar agasallos para unha boa causa é no rastriño que abriu a Asociación Xuntos para o Síndrome de Down, na praza de San José. Roupa, xoguetes, obxectos de decoración... A oferta é variada ata o 5 de xaneiro. ? un agasallo foi tamén o premio que recentemente recibiu en Santiago Termas de Cuntis. En concreto, unha das mencións Camiño da Excelencia na categoría de pemes que concede a multinacional española líder en certificación.