Ata o vindeiro venres, día 22, poderanse comprar os abonos para a tempada de música clásica, lírica e danza correspondente aos meses de setembro a decembro deste ano da programación cultural de Caixanova. A tempada consta dun total de seis espectáculos, entre eles un dos mellores ballets do panorama nacional como é o de Víctor Ullate, que estará en Pontevedra o 6 de outubro. Ademais, inclúense tres concertos de música clásica a cargo da Real Filharmonía de Galicia (o 28 de setembro); da Sinfónica de Galicia (14 de decembro), e tamén da Orquestra Sinfónica Nacional Checa (20 de outubro). Tamén está prevista a actuación da orquestra de cámara Kremerata Báltica que virá co virtuoso letón do violonchelo Mischa Maisky (29 de novembro). Finalmente, a tempada conclúe coa ópera Norma de Bellini, a cargo do Teatro de Silesia da Ópera de Opava, Polonia, que se escenificará o 5 de novembro. Os interesados en mercar as devanditas localidades poden adquirir os seus abonos a través da web www.caixanova.es ou tamén no despacho de billetes telefónico do 902???504????500. Os prezos teñen un desconto do dez por cento con respecto á compra individual das entradas para cada espectáculo e ascenden a 94.50 euros para as butacas e 78,30 para anfiteatro e palcos.